miércoles, 5 de marzo de 2008

a ponte: relato erótico de pasaxes altas en noites frias

PONTE



Inverno. A vida unha merda. Conxelado. Camiño do meu inferno, o Anxo guía aferrouse debaixo daquela ponte, abrazouse o río. Frío e escuridade guiaban aquela lingua transgresora e agresora dos limites dos meus beizos, fronteira do pescozo mais ala, mais acó

Dedos veloces, falanges lumínicas rebentan xemidos, correntes espídicas, sae espuma, como arrumaba o río. Desexo, mellor afluente. Botóns mordidos e desterrados. O laciño rosa que mostra o camiño, saboroso nailon, porta, entra, pel ambrosía, rosario de bicos rodean a fonte, sedento con lingua rastrexo agua, camiño laico, rolda de vida. Gloria detente, quedas detida. Caudal en aumento, erosiona e arrastra. Persiste o desexo, luxuria, enchenta de gula . Como agoniza o inverno¡ axítase, espasmo, sego afogo, oxala morrese xa, xa se alonxa o inferno e segue. Pernas xugosas, encarcelanme, humidas aferranme, non respiro mais xadeo. Mans que non chegan, mais cerca mais forte. Ven quédate, golpéame, ponte tremorosa, río avergoñado, de celoso enxoitado. Grita, ruxe, aturuxa, canta, dentro máis dentro. Dor, que bo sentir ela grita sinte sonrrí, o rio refuxiase nos seus meandros de novo, fin do desexo, fin do inverno, fin do averno.

No hay comentarios: